sábado, 18 de octubre de 2008

Presentación

Saludos a todos, son Mario, e quixen poñer este blog na Internet xa que non atopei nada pola rede acerca do meu pobo donde me criei.

Agora xa fai tempo que non vivo ahí pero ca cercanía que nos proporciona internet quero poñer en coñecemento de todo o mundo esta parroquia que pertence o axuntamento de Boiro, na provincia da Coruña e que se sitúa na parte sur desta provincia, concretamente na Ría de Arousa, na cara norte.

Estou buscando xente deste pobo que queira colaborar conmigo na web poñendo historias ou fotografías do pasado e presente relacionado con Lampón, recordo que antiguamente o equipo de futbol era un dos primeiros por exemplo ou como colaborabamos todos para facer as cabalgatas da víspera dos Reis Magos. Cousiñas así ou calquer outra que dea a coñecer Escarabote por todo o mundo. ¿Que vos parece?. Por certo, a ver si álguien se fai con algún logotipo ou escudo para poñer na cabeceira deste blog.

A ver si facemos unha lista correos de veciños da vila para facerlles chegar a dirección deste blog en internet estean vivindo ahí ou como moitos de nós que estamos espallados polo mundo adiante.

Para enviarme calquera articulo, fotografía, e-mail ou poñerse en contacto conmigo tendes a miña dirección de correo pinchando no menu perfil do menú da dereita.

Veña ánimo!!, que hay moita xente que lle faría ilusión que a sua vila aparecese en internet e non só para vender pisos, porque si buscades Escarabote ou Lampón no Google só aparecen enlaces dese tipo.


Ver mapa más grande