domingo, 15 de marzo de 2009

A crisis vai por barrios

Vale, vale, xa escribo algo.

O caso é que ainda non fun por Boiro este ano, e como sigamos así con esta crisis, non vou poder nin ir en semana santa alá. porque a crisis parece que é de traballo porque é cando mais se traballa e menos  se descansa. Este foi o primeiro ano dende hay xa 8 que estou nesta empresa que me parten as vacación das navidades por ter que atender o traballo e reseulta que esta sendo esta temporada cando menos tempo libre teño. Non sei, non sei, o final vou pensar que as crisis sempre son pós mismos, ou sexa, pós traballadores. Os jefes non fan mais que chorar e resulta que é cando mais estamos traballando os obreiros. Esto cheirame a can.

Cada día vexo nas noticias que hay mais parados e que os comedores sociais están cheos de xente que non teñen nin pa comer, pero os que traballan, fan o traballo deles mais o dos que votaron po paro. Aquí na zona donde estou resulta que as fábricas fanlles facer horas extras os obreiros que non lles pagan, cada mes cobran mais tarde, hay traballadores que levan xa varios meses sin cobrar e facendo horas extras, ¿como se come esto?. Eu non entendo nada.