domingo, 19 de abril de 2009

Novedades de tecnoloxía



Aqui podemos ver un curioso vehículo anfibio que me fixo gracia o día que o vin alí aparcadiño no muelle de Palmeira.

Ten doble roda atrás como calquera camión, e direccion asistida, (asistida por un operario, me imaxino).

Na parte de atrás venselle claramente os dispositivos de axuda o aparcamento. De tracción traseira parece ben compensado o peso, a vista está o cacho morro de defensa que ten.

Concurso de fotografía en Escarabote

Gracias o colega Certo, entereime que había un concurso fotografico en Escarabote, as bases podense ver no folleto, non hay mais que pinchar nél para ver a foto orixinal e enterarse delas.

Xa me gustaría participar pero creo que non me vai ser posible, hasta o mes de agosto non creo que poida ir por eses lares.

O Rally de Noia


Ainda recordo aqueles anos nos que pertenecía a o Radio Club de Rianxo, todolos viernes íbamos hasta o local que nos había concedido o axuntamento desta vila para poñer en funcionamento as emisoras decamétricas que alí tíñamos a ver si contactábamos con alguén, o mais lonxa posible.

Nas fechas do Rally de Noia, así como na da temporada das regatas de traineras ou como lles chaman ahora os puristas do lenguaje, traiñas (creo). O caso é que nos chamaban a nos, os do Radio Club para facerlles de intercomunicadores cos xueces das carreiras e demais controladores. Como nos tíñamos xa a infraestructura creada cos nosos equipos de radioafiniocados, éramoslles de gran utilidad.

Recordo varias edicións de estes eventos, a maioría das veces eu poñíame no medio de algún tramo da carreira que fose especialmente peligroso por si facía falta axuda os corredores que en moitas ocasions tíñamos que endereitarlles os coches cando se votaban fora da pista, ademais había que avisar polo equipo de radio a o outro colega que estaba na saída da proba para que non deixara sair a outro coche.

Outra vez, controlando unha regata de traineras, ou traiñas, recordo que nun intre de descanso que había mentres se preparaban as participantes de outra categoría, eu iba nunha zodiac cun colega, que era quen a manexaba. Poñíamonos nas bollas donde daban a volta e eu era o encargado de comunicar quen era o primeiro en pasar por elas. O caso e que no intre do que falaba, o colega da zodiac e mais eu marchamos a unha praia que estaba cerca e que parecía que se vían nenas por alí. O vir de volta para o noso posto, o colega non facía mais que mirar para atrás, pas nenas, e cando eu lle peguei un verrido era porque nos íbamos a empotrar contra un dos barcos mexilloeiros que estaban por alí contemplando tamán a carreira. Xirou de golpe e, ¿a que non sabedes quen foi a parar o mar?. Pois si, eu mismo, molladiño como un pito o que mais me doeu non foi o chapuzón que era verán e agradecíase ben, foi o joderseme o walky de radioaficionado que por aqueles tempos valerame cerca de 50.000 pts.