miércoles, 28 de octubre de 2009

Ollo cas redes sociais

Xa fai unhas cuantas semanas que non escribo nada aqui, mais que nada por falta de tempo, asi que animo a calquera que queira colaborar conmigo neste punto de encontro para os veciños de Escarabote que non o pense mais e nos conte aqui as novas que acontecen no pueblo ou calquera outra cousa que queira que nos enteremos todos.

Estou intentando convencer a alguns pero non hay maneira, ahora ca moda do Twiter e Facebook xa non se anima naide a escribir nun blog normal.

E falando do Facebook, estos dias datrás chegoume un correo dun colega hispanoamericano avisandome deste servicio de internet, porque resulta que a xente non se da conta da cantidade de datos privados que pon a disposicion de calquera en esta rede social. O compartir os datos en sí non e nada malo, a non ser que llos estemos proporcionando a algún delincuente. ¿A que non se lle ocurriría a nadie poñer o nombre, direccion, numero de telefono, a que se dedica, instituto no que estudiou, nome dos pais, fotos da sua casa, etc. nun cartel e pegalo por exemplo na entrada dunha discoteca ou club de alterne calquera?, claro que non, porque correrías o risco de que algún fi**o de pu** nos entrara na casa a roubarnos ou matarnos según o caso como se dera. Pois iso e o que está pasando con estas modas de redes sociais, porque cando no mundo real vamos un sábado de marcha sabemos moi ben a que local vamos, con que compartimos as nosas intimidades e nunca se nos ocurriría pasar polas calles peligrosasa donde sabemos que nos poden atracar.

¿Entón por que non facemos esto tamén en internet?, si e tan fácil tomar estas medidas como o registro na propia rede social.

Avisade os vosos pequenos que se conectan a estas redes que se aseguren sempre de quen pode ver todos eses datos, fotos, videos e demais contido que suben as redes socias, en México secuestraron a un rapaz gracias os datos que os delincuentes recopilaron dél de Facebook e os poucos días apareceu morto. Non deixedes pasar esto pos alto, tomade medidas, en Facebook solo tendes que ir a parte donde pon Permisos e quitarlle os permisos de visualización, lectura ou participación das categorías generales, deixade solo permitido exclusivamente os grupos que queirades vos, sexan familia, amigos ou outros, e ainda así non son seguros porque un ciberdelincuente que lle entre na cuenta dun amigo seguiranos os pasos como si fose o noso amigo real.

Moito ollo con esto que a internet pode ser un ben universal para moitas cousas pero tamén se pode volver contra nós si non temos unhas mínimas nocions de por donde andamos.