domingo, 21 de noviembre de 2010

O parecer non son único emigrando

Pois si estimados lectores, estou leendo na Voz que mais de tres mil barbanzanos marcharon da comarca no último ano. Según o Instituto Galego de Estadística, no 2009 marcharon daquí 3094 persoas, xente que se foi para outros municipios e para o estranxeiro, a este último destiño vense dando un repunte dende o 2007, como xa sucedera fai moitos anos, solo que nesta ocasión é peor o meu parecer, xa que se estableceron na comarca outras persoas que son daquí.

Dixenno eu fai tempo nunha conversa con algún amigo, o que están favorecendo os nosos gobernantes e dirixentes sindicais e isto precisamente, importar a man de obra barata, e dándolle o pasaporte os que somos daquí, xa que cos sueldos que se pagan por esta zona, non dan nin para pagar unha hipoteca. Cando eu me fun, estaban os precios dos pisos na calle ancha de Boiro polos 7 e 8 millons de pesetas, que xa cos sueldos que se daban era difícil sustentar unha familia pagando a vivienda, pero ahora que creo que andan xa polos 20 e 30 millons, non sei como son tan poucas a persoas que ainda aguantan. Sempre pensei que si che dan unha axudiña o casar para a compra da vivienda algún da familia, e unha ventaxa moi grande, o malo e cando tes que quitarte ti soíño as castañas do lume.

Ahora veñen os da CIG cas disculpas das circunstancias puntuais, pero o que se ve e que 436 inmigrantes estableceronse aquí, mostra da precariedade do "choio". Peron tamén éstes últimos deixaron de vir para aquí, xa que non e fácil encontrar traballo en estos tempos que corren e os "ingresos son insuficientes para continuar residindo na zona".

lunes, 30 de agosto de 2010

A Torre de Goians xa e nosa

Autora: Carmela Queijeiro
Boiro xa pode decir que ten algun monumento histórico no seu haber, sin perxuicio de que os que xa pertencen o axuntamento non o sexan, pero ca historia de este e da súa idade vai ser que é único. Trátase da Torre de Goians que despois de moitos esforzos por parte do axuntamento, deron en chamar como "un día histórico" o pasado venres dia 27, xa que foi cando aprobaron nun pleno extraordinario a compra do pazo de Goians a Cecosa Hipermercados, anterior propietario destas instalacións.

O uso que se lle vai dar a este pazo vai ser como centro de exposicións e actos culturais, ademais de xardín botánico. Según o alcalde xa se están buscando subencións para acondicionar a entrada, reordeación forestal, arreglar o exterior e interior e para habilitar unha area de ocio. Son 56.000 m² de suelo rústico e deses, 16.000 son edificables.

Din os do PP que esto lles vai a costar os veciños unha suba de hasta 60 € nos impostos por familia, según o cálculo estimativo que realizaron a 40 anos vista e que "pasarán moitos anos ata que se vexan os resultados", pero o que eu penso é que polo menos xa podemos decir que este pazo é un ben público que todolos veciños teremos o dereito de visitar ainda que sexa en ruinas, xa que eu, son un dos que nunca pisou aquelo nin sei como é por dentro os meus 40 anos e ainda recordo cando estudando EXB tivera que remover Roma con Santiago para encontrar información sobre esta Torre para un traballo histórico sobre ela.

Fonte da nova: A Voz de Galicia (que non Galiza)


viernes, 6 de agosto de 2010

As festas desmelloradas de este 2010

Bueno, despois de bastante tempo sin poñer nada aquí, por aquí (valga a redundancia) andamos de novo, xa que de novo estou por estos lares de Escarabote de vacacións. Bueno, vades ter que perdonarme por non escribir antes nin de poñer como ano pasado o cartel de festas nin nada, pero é que tuben bastante traballo estes últimos meses e non puden enterarme de nada desde a distancia, xa eu dedícome a viaxar bastante por toda Europa.

Do que si me enterei, e eso que non puden coller as vacacións a tempo para ir as festas, foi de que este ano foron bastante austeras, non se deu recaudado o suficiente para pagar os fogos de artificio. Unha pena, xa que tíñamos a disputa todolos anos a miña muller i eu, comparandoos cos de Palmeira que é de donde é oriunda ela. Non sei como serán este ano as dalí xa que temén lles fixeron a putada os de Ribeira cambiándolles a última hora as suas festas para o mismo fin de semana, pero bueno, hase de saber. De todas formas, a min sempre me gustaron mais os fogos de Escarabote que ningún outro, o ano pasado, para min, incluso foron millores ca os de Ribeira, e xa non falemos dos de Boiro, pero bueno, son apreciacións moi particulares miñas.

Creo que o amigo Xestoso ten algunhas foticos que podedes ver si pinchades en este enlace:

Festas patronais de Santiago de Lampón

Ademais das fotos tamén podedes ver un par de videos.

sábado, 8 de mayo de 2010

Un pouco de humor nunca ven mal ¿ou que?

Dos tíos por el desierto....

- Oye... ¡Qué roca más rara!. ¡Si parece una pirámide! Se ponen a excavar (sin herramientas) y desentierran una pirámide enorme.

-¡Es una pirámide de la leche!-

-¡Vaya que sí!.

-Y ahora, ¿qué?

- ¿Sabes lo que te digo? Que vamos a avisar al equipo arqueológico de Estados Unidos. Esa gente es profesional y seguro que sabe de qué va esto.

- Vale

Viene el equipo arqueológico americano con sus 'jeeps', camiones,

caravanas y helicópteros llenos a rebosar de aparatos científicos.

Se meten en la pirámide y, al cabo de dos años salen.

- Vaya, sí que han estado tiempo!... ¿Qué han averiguado?

- Pues- responde el portavoz del equipo americano- después de laboriosas investigaciones, hemos comprobado que esta pirámide fue construida entre el 1500 y el 2500 antes de Cristo.

- ¡Sólo eso! ¡Después de dos años sólo han averiguado eso!

- Pues sí.....

-¡Anda, largo de aquí, yanquis de mierda!

Los dos tipos, mosqueados, deciden llamar a los alemanes.

-Esos sí que sí, ¡los alemanes son muy metódicos!

Vienen los alemanes, se meten en la pirámide, pasan dos años y salen.

- ¿Qué...?


- Hemos averiguado que la pirámide fue construida en torno al 2000

antes de Cristo...

¿Y...?

-Bueno, no hemos podido averiguar más, los jeroglíficos son muy complicados.

¡Pues vaya mierda de científicos, hala, a vuestra p... casa!

Los dos tipos bufan con resignación.

- No nos queda más remedio que avisar a LA GUARDIA CIVIL ESPAÑOLA...

Llega la pareja de guardias civiles, se meten dentro y en dos horas salen.

-¡Qué pronto! ¿Qué han averiguado?

-Sabemos que la pirámide fue construida entre el 12 de febrero de 1858 y el 22 de julio de1854 antes de Cristo, conforme a las órdenes del faraón Anekhetop IV, y su arquitecto Tutmosis el Joven.

El día de la inauguración estaba nuboso y una facción de Sacerdotes se oponía a ello, por haberse producido un eclipse parcial de luna en Sagitario...

Participaron 2.118 esclavos no cualificados que intentaron una revuelta por las duras condiciones de trabajo, pero fue sofocada el 5 de septiembre por los soldados del faraón, con un resultado de 42 muertos.

El coste de la obra se cifra exactamente en 658 libras de oro puro y 3 libras de diamantes. La esposa del Faraón lucía un modelito del modisto Perfilotis elJulandrón, de fina pedrería, y la influencia en la lengua se comprueba en el acento de las tierras altas que presentaban los nobles de bla, bla, bla,...

Y así una hora de charla.

- Coño!, ¿cómo lo han conseguido?

Hombre, nos ha costao, la verdad nos ha costao, pero al final, la momia ha cantao ....!!!

Con dos cojones... VIVA ESPAÑA

sábado, 27 de marzo de 2010

Estación Espacial Internacional sobre Escarabote


Fai unhas cuantas semanas fijaba a miña atención unha foto dun astronauta que viaxa a bordo da EEI (Estación Espacial Internacional) que facía das pirámides de Exipto con unha cámara de man e que se vía moi ben, e facíame pensar no cerca que pasa esta estación do chan. Eu pensaba que estaría moito mais lexos da terra, pois non, pasa a 419 km de altura.

Bueno, ¿a que ben to isto?, pois a que o día 13 do mes que ben vai pasar por encima das nosas cabezas, ¡SI!, si nos levantamos cedo e miramos hacia o norte con 56º de elevación e 351º de azimut as 06:03:33 da mañan, veremos pasar a unha velocidad de match 22 ou o que é o mismo a 28.000 km/h.

Dis ti, ¿e con que a vou ver, cun telescopio?, non, mira, hoxe en día e despois do último módulo que se anexionou a estación espacial, e o segundo obxeto fora do noso planeta mais brillante despois da Lua, así que non creo que teñamos problemas para vela, ainda que si usamos uns prismáticos veremola moito millor. Para facernos unha idea solo temos que ver as imaxes que toma cunha cámara dixital normaliña dende a ISS o astronauta co apodo de twitpic Astro_Soichi e que como podemos ver aquí tamén nos regalou con unha de Vigo.

Name this city in Europe! on Twitpic

Bueno, ainda que o título deste pos engaña un pouco xa que non é que vaia a pasar xusto por encima de Lampón pero si que pasará por encima de Finisterre.



Powered by ScribeFire.

lunes, 22 de marzo de 2010

Nova rampa po muelle

Parece ser que en cuestión de días empezará o acondicionamento da rampa de acceso o porto deportivo de Escarabote que con fondos do Plan de Investimentos en Obras Menores (PIM) se vai acometer, ensancharáse e milloraráse a pendiente xa que está bastante deteriorada.

Tamén se vai aproveitar para o acondicionamento da explanada mais próxima a rampa que se vai a reparar para facilitar así as votaduras das embarcacións pequenas como gamelas.

Esto foi pedido polo Club Nautico Barraña con sede en Escarabote.

Fuente: La voz de Galicia

viernes, 19 de febrero de 2010

Granizada en Escarabote

Hay que ter coidado con estes fenómenos meteorolóxicos xa que na carretera son perigosos, para min, como profesional do volante, máis ainda ca neve, xa que o granizo non se desfai no momento senon que tende a tardar un ratiño en desfacerse provocando o deslizamente dos vehículos. Na nosa zona no suele ser moi forte pero hay zonas, sobre todo de montaña que os pedruscos poden chegar a alcazar un tamaño considerable e probocar ademais dos problemas viales, feridas nos viandantes, tellados das casas e vehículos aparcados na rúas.

Esto ven a colación do video do amigo Xestoso do 19 deste mes de febreiro.

Granizada en la carretera de Escarabote por gestoso82

domingo, 17 de enero de 2010

Cabalgata de Reis Magos, xa non e o que era

Este ano estuven en Boiro vendo a cabalgata de reis de Lampón de este ano 2010, aquí vos deixo unhas fotos, que non son de calidad porque non dispoño de unha cámara tan boa como por ejemplo a do amigo Xestoso que co seu permiso vos poñerei un enlace as fotos que él sacou.

Unha das cousas que falamos algúns dos que estábamos presentes foi o de que esta celebración, igual ca outras que se facían, cada ano perde moito. Antiguamente tíñamos un cura que se implicaba como nadie nestes eventos, o caso é que antes o cura tíñanos a todos unidos, na guardería da Magdalena, feita e donada por todos os veciños da parroquia de Lampón, tíñamos unhas mesas de pingpong, tableiros de axedrez, damas, baraxas, etc. donde os rapaces íbamos a xogar, a cataquésis dábase alí así como a misa dos domingos, que por certo sempre estaba chea de xente, e moitos de nos ainda despois de confirmarnos íbamos alí a xogar en aquelas tarde-noites de inverno, sacándonos da calle donde existían os peligros de meternos en drogas ou algunha cousa peor. Tamén organizaba unha mini liga de futbol a que lle chamábamos a Liga do Cura e non me olvido dos festivales que preparábamos e que en algún deles participei tocando a guitarra, na guardería para recaudar cartos para a Cabalgata de Reis, que sempre se enchía de xente, e co que sobraba sempre se facía unha excursión a Manzaneda. Ese cura era Don Manuel, este “Don Marcelino” que ainda o outro día me dixeron quen era, recordeino cando empezaba eu no instituto en 1º de BUP que él iba daquela creo que por 3º curso ou empezaba en COU, non recordo ben este detalle.

Según me contaron, o primeiro que fixo este “Don” por chamalo de algunha maneira, foi acabar ca Guardería, as misas que se daban alí, según me dicen os domingos xa casi non vai xente, e hasta cas monxas, que gracias a elas que eran as que nos dában a cataquésis non nos botamos moitos de nos a mala vida. Creo que según o amigo que me falaba, solo quedan duas ou tres alí.

Non son un defensor dos curas, e mais, non os soporto, ainda que si me considero cristiano, non practicante pero si, cristiano e o que creo que fan estes curiñas de pacotilla é votar da comunión cristiana a mayoría da xente que o millor por vocación podría estar mais cerca da Iglesia. Digo eu que será para suplir esto que poñen nos campanarios os altavoces megafónicos para dar mais alto as campanadas (e que se oian mais lonxe) e hasta parte da misa, ca consiguiente molestia dos que queren descansar do traballo en moitos casos duro de toda a semana.

Bueno todo esto que vos conto e que falábamos os antiguos colegas que disfrutábamos do paso da Cabalgata foi porque empezamos ca crítica dos que íban a cabalo, sin ningunha indumentaria que fixera creer os rapaciños que eran do séquito dos esperados Reis Magos e ós que con tanta ilusión esperaban. Por ahí empezamos a conversa de que antes, ca implicación da que falaba mais arriba do cura, todos colaborábamos de forma desinteresada, Don Manuel encargábase de falar con todos e de convencernos a que fixéramos as cousas ben. Desde bastante antes de este día, había xente que se ocupaba de facer traxes, antorchas, etc. As monxas facían moitas cousas de estas, pero si ahora é como me decían de que solo quedan duas ou tres, e normal que non teñan traxes para vestir os cabalos e os cabaleiros e así arrancarlles a ilusión os mais pequeniños de que os Reises Magos son as Maxestades que dicen ser.

Son consciente de que é moi fácil criticar desde fora as cousas nas que un non participa, pero penso que si as críticas se toman a ben, suelen ser constructivas para que a xente que fixo o esforzo reconozca as virtudes e debilidades que deben aprobeitar ou replantearse algunhas delas. Cando nos participábamos tamén había xente que nos criticaba algúns aspectos que intentábamos subsanar na medida das posibilidades no ano seguinte.

lunes, 4 de enero de 2010

Novas da cabalgata de este ano

Certo.es - Reis BoiroCerto.es - Reis_Boiro: "Os Reis vanse desprazar cunha comitiva formada por oito carrozas e unhas catrocentas persoas, que sairá ás 17.30 horas do aparcamento da igrexa da Magdalena, en Lampón. Percorrerá a estrada AC-305 pasando por Goiáns e seguirá pola rúa Principal ata a Casa Consistorial, onde, sobre as 19.00 horas, (sete da tarde por se teñen problemas coa hora dobre) os Reis serán recibidos polo Alcalde e outros membros da corporación. Logo seguirán o percorrido polas rúas peonís Santos Mieites e Pablo Iglesias, Avenida de Compostela e Praia Xardín ata chegar a Escarabote, onde, como remate, haberá unha misa no Centro Social."

Cabalgata de Reis

En Lampón é tradicional celebrar o víspera do día de reis a Tradicional Cabalgata de Reis que sae da nosa parroquia e dan o tamén clásico discurso os que fan de Reis Magos no Axuntamento, en Boiro.

Eu estou impaciente por vela este ano, xa que o ano pasado tocoume ir ver a de Palmeira. Acostumbrado a ver a nosa, que antiguamente incluso a facían cos camións que meu pai poñía a disposición da parroquia, desilusionoume bastante. Coma a nosa non hay, non sei si o concello axuda en algo, antes tíñamos que ir polas casas pedindo para poder comprar caramelos os que estábamos de catequistas.

O dito, esperoa con impaciencia, xa poñerei algunha foto despois, para os que estén lonxe e non a podan ver aquí.