domingo, 17 de enero de 2010

Cabalgata de Reis Magos, xa non e o que era

Este ano estuven en Boiro vendo a cabalgata de reis de Lampón de este ano 2010, aquí vos deixo unhas fotos, que non son de calidad porque non dispoño de unha cámara tan boa como por ejemplo a do amigo Xestoso que co seu permiso vos poñerei un enlace as fotos que él sacou.

Unha das cousas que falamos algúns dos que estábamos presentes foi o de que esta celebración, igual ca outras que se facían, cada ano perde moito. Antiguamente tíñamos un cura que se implicaba como nadie nestes eventos, o caso é que antes o cura tíñanos a todos unidos, na guardería da Magdalena, feita e donada por todos os veciños da parroquia de Lampón, tíñamos unhas mesas de pingpong, tableiros de axedrez, damas, baraxas, etc. donde os rapaces íbamos a xogar, a cataquésis dábase alí así como a misa dos domingos, que por certo sempre estaba chea de xente, e moitos de nos ainda despois de confirmarnos íbamos alí a xogar en aquelas tarde-noites de inverno, sacándonos da calle donde existían os peligros de meternos en drogas ou algunha cousa peor. Tamén organizaba unha mini liga de futbol a que lle chamábamos a Liga do Cura e non me olvido dos festivales que preparábamos e que en algún deles participei tocando a guitarra, na guardería para recaudar cartos para a Cabalgata de Reis, que sempre se enchía de xente, e co que sobraba sempre se facía unha excursión a Manzaneda. Ese cura era Don Manuel, este “Don Marcelino” que ainda o outro día me dixeron quen era, recordeino cando empezaba eu no instituto en 1º de BUP que él iba daquela creo que por 3º curso ou empezaba en COU, non recordo ben este detalle.

Según me contaron, o primeiro que fixo este “Don” por chamalo de algunha maneira, foi acabar ca Guardería, as misas que se daban alí, según me dicen os domingos xa casi non vai xente, e hasta cas monxas, que gracias a elas que eran as que nos dában a cataquésis non nos botamos moitos de nos a mala vida. Creo que según o amigo que me falaba, solo quedan duas ou tres alí.

Non son un defensor dos curas, e mais, non os soporto, ainda que si me considero cristiano, non practicante pero si, cristiano e o que creo que fan estes curiñas de pacotilla é votar da comunión cristiana a mayoría da xente que o millor por vocación podría estar mais cerca da Iglesia. Digo eu que será para suplir esto que poñen nos campanarios os altavoces megafónicos para dar mais alto as campanadas (e que se oian mais lonxe) e hasta parte da misa, ca consiguiente molestia dos que queren descansar do traballo en moitos casos duro de toda a semana.

Bueno todo esto que vos conto e que falábamos os antiguos colegas que disfrutábamos do paso da Cabalgata foi porque empezamos ca crítica dos que íban a cabalo, sin ningunha indumentaria que fixera creer os rapaciños que eran do séquito dos esperados Reis Magos e ós que con tanta ilusión esperaban. Por ahí empezamos a conversa de que antes, ca implicación da que falaba mais arriba do cura, todos colaborábamos de forma desinteresada, Don Manuel encargábase de falar con todos e de convencernos a que fixéramos as cousas ben. Desde bastante antes de este día, había xente que se ocupaba de facer traxes, antorchas, etc. As monxas facían moitas cousas de estas, pero si ahora é como me decían de que solo quedan duas ou tres, e normal que non teñan traxes para vestir os cabalos e os cabaleiros e así arrancarlles a ilusión os mais pequeniños de que os Reises Magos son as Maxestades que dicen ser.

Son consciente de que é moi fácil criticar desde fora as cousas nas que un non participa, pero penso que si as críticas se toman a ben, suelen ser constructivas para que a xente que fixo o esforzo reconozca as virtudes e debilidades que deben aprobeitar ou replantearse algunhas delas. Cando nos participábamos tamén había xente que nos criticaba algúns aspectos que intentábamos subsanar na medida das posibilidades no ano seguinte.

lunes, 4 de enero de 2010

Novas da cabalgata de este ano

Certo.es - Reis BoiroCerto.es - Reis_Boiro: "Os Reis vanse desprazar cunha comitiva formada por oito carrozas e unhas catrocentas persoas, que sairá ás 17.30 horas do aparcamento da igrexa da Magdalena, en Lampón. Percorrerá a estrada AC-305 pasando por Goiáns e seguirá pola rúa Principal ata a Casa Consistorial, onde, sobre as 19.00 horas, (sete da tarde por se teñen problemas coa hora dobre) os Reis serán recibidos polo Alcalde e outros membros da corporación. Logo seguirán o percorrido polas rúas peonís Santos Mieites e Pablo Iglesias, Avenida de Compostela e Praia Xardín ata chegar a Escarabote, onde, como remate, haberá unha misa no Centro Social."

Cabalgata de Reis

En Lampón é tradicional celebrar o víspera do día de reis a Tradicional Cabalgata de Reis que sae da nosa parroquia e dan o tamén clásico discurso os que fan de Reis Magos no Axuntamento, en Boiro.

Eu estou impaciente por vela este ano, xa que o ano pasado tocoume ir ver a de Palmeira. Acostumbrado a ver a nosa, que antiguamente incluso a facían cos camións que meu pai poñía a disposición da parroquia, desilusionoume bastante. Coma a nosa non hay, non sei si o concello axuda en algo, antes tíñamos que ir polas casas pedindo para poder comprar caramelos os que estábamos de catequistas.

O dito, esperoa con impaciencia, xa poñerei algunha foto despois, para os que estén lonxe e non a podan ver aquí.