lunes, 30 de agosto de 2010

A Torre de Goians xa e nosa

Autora: Carmela Queijeiro
Boiro xa pode decir que ten algun monumento histórico no seu haber, sin perxuicio de que os que xa pertencen o axuntamento non o sexan, pero ca historia de este e da súa idade vai ser que é único. Trátase da Torre de Goians que despois de moitos esforzos por parte do axuntamento, deron en chamar como "un día histórico" o pasado venres dia 27, xa que foi cando aprobaron nun pleno extraordinario a compra do pazo de Goians a Cecosa Hipermercados, anterior propietario destas instalacións.

O uso que se lle vai dar a este pazo vai ser como centro de exposicións e actos culturais, ademais de xardín botánico. Según o alcalde xa se están buscando subencións para acondicionar a entrada, reordeación forestal, arreglar o exterior e interior e para habilitar unha area de ocio. Son 56.000 m² de suelo rústico e deses, 16.000 son edificables.

Din os do PP que esto lles vai a costar os veciños unha suba de hasta 60 € nos impostos por familia, según o cálculo estimativo que realizaron a 40 anos vista e que "pasarán moitos anos ata que se vexan os resultados", pero o que eu penso é que polo menos xa podemos decir que este pazo é un ben público que todolos veciños teremos o dereito de visitar ainda que sexa en ruinas, xa que eu, son un dos que nunca pisou aquelo nin sei como é por dentro os meus 40 anos e ainda recordo cando estudando EXB tivera que remover Roma con Santiago para encontrar información sobre esta Torre para un traballo histórico sobre ela.

Fonte da nova: A Voz de Galicia (que non Galiza)


viernes, 6 de agosto de 2010

As festas desmelloradas de este 2010

Bueno, despois de bastante tempo sin poñer nada aquí, por aquí (valga a redundancia) andamos de novo, xa que de novo estou por estos lares de Escarabote de vacacións. Bueno, vades ter que perdonarme por non escribir antes nin de poñer como ano pasado o cartel de festas nin nada, pero é que tuben bastante traballo estes últimos meses e non puden enterarme de nada desde a distancia, xa eu dedícome a viaxar bastante por toda Europa.

Do que si me enterei, e eso que non puden coller as vacacións a tempo para ir as festas, foi de que este ano foron bastante austeras, non se deu recaudado o suficiente para pagar os fogos de artificio. Unha pena, xa que tíñamos a disputa todolos anos a miña muller i eu, comparandoos cos de Palmeira que é de donde é oriunda ela. Non sei como serán este ano as dalí xa que temén lles fixeron a putada os de Ribeira cambiándolles a última hora as suas festas para o mismo fin de semana, pero bueno, hase de saber. De todas formas, a min sempre me gustaron mais os fogos de Escarabote que ningún outro, o ano pasado, para min, incluso foron millores ca os de Ribeira, e xa non falemos dos de Boiro, pero bueno, son apreciacións moi particulares miñas.

Creo que o amigo Xestoso ten algunhas foticos que podedes ver si pinchades en este enlace:

Festas patronais de Santiago de Lampón

Ademais das fotos tamén podedes ver un par de videos.