domingo, 21 de noviembre de 2010

O parecer non son único emigrando

Pois si estimados lectores, estou leendo na Voz que mais de tres mil barbanzanos marcharon da comarca no último ano. Según o Instituto Galego de Estadística, no 2009 marcharon daquí 3094 persoas, xente que se foi para outros municipios e para o estranxeiro, a este último destiño vense dando un repunte dende o 2007, como xa sucedera fai moitos anos, solo que nesta ocasión é peor o meu parecer, xa que se estableceron na comarca outras persoas que son daquí.

Dixenno eu fai tempo nunha conversa con algún amigo, o que están favorecendo os nosos gobernantes e dirixentes sindicais e isto precisamente, importar a man de obra barata, e dándolle o pasaporte os que somos daquí, xa que cos sueldos que se pagan por esta zona, non dan nin para pagar unha hipoteca. Cando eu me fun, estaban os precios dos pisos na calle ancha de Boiro polos 7 e 8 millons de pesetas, que xa cos sueldos que se daban era difícil sustentar unha familia pagando a vivienda, pero ahora que creo que andan xa polos 20 e 30 millons, non sei como son tan poucas a persoas que ainda aguantan. Sempre pensei que si che dan unha axudiña o casar para a compra da vivienda algún da familia, e unha ventaxa moi grande, o malo e cando tes que quitarte ti soíño as castañas do lume.

Ahora veñen os da CIG cas disculpas das circunstancias puntuais, pero o que se ve e que 436 inmigrantes estableceronse aquí, mostra da precariedade do "choio". Peron tamén éstes últimos deixaron de vir para aquí, xa que non e fácil encontrar traballo en estos tempos que corren e os "ingresos son insuficientes para continuar residindo na zona".