Bueno, pois ainda que tarde, mal e arrastro, aviso de que a asociación astronómica barbanzana ten preparada para hoxe unha saída a Curota para ver este fenómeno astronómico que se repite ano a ano, o ano pasado tocoume a min o subir aquela noite a velas cando de repente empezou a arder o monte pola parte sur e ca chegada dos equipos de emerxencia houvo que baixar dalí sin ver mais ca unha ou duas estrelas.
Este ano, segundo puiden ver a través do Facebook teñen preparada unha saída o mismo sitio que fun eu o deradeiro ano, e claro, como eu non vou poder ir, seguro que se ven cantidade de estrelas caer. Ainda que non son estrelas senón polvo de cometas que vai quedando na órvita destes últimos e que o atravesar dita órbita o noso planeta, vense caer como se fosen estrelas fugaces ou micrometeoritos.
Sorte os que suban a velas, e un espectáculo moi bonito, ademais de unha voa experiencia para os pequenos, quen os teña, ou tamén para acompañar a parella nunha escapada desas de arrimarse un contra o outro.
Para mais información deixo aquí o enlace a web da agrupación asttronómica do Barbanza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada